Conciliatardes 19/20

Durante este curso  abordaremos a música, o teatro e o cine, a través dos cales os nenos e nenas crearán novas realidades, novos mundos posibles:

  • O significado non se limita ao que as palabras poidan expresar
  • Diversidade, individualidade e sorpresa
  • Compartir e crear ocasións para o descubrimento
  • Improvisación
  • Etc

que lles permitan novos e distintos modos de comunicación e expresión, desenvolvendo as competencias individuais interrelacionadas co social, a través da sensibilización, a experimentación, a imaxinación e a creatividade.

O noso proxecto está composto por por tres aspectos fundamentais: apoio educativo e técnicas de estudo, hábitos alimenticios e hixiene e proposta pedagóxica.

Apoio educativo e técnicas de estudo

O programa de Conciliatardes inclúe unha parte imprescindible de “Apoio Educativo e técnicas de estudo”, o horario no que se desenvolve este programa fan imprescindible que se realice esta función, función que se adaptará ás idades e necesidades dos nenos/as.

Hábitos alimenticios e hixiene

Este tempo dedicado á merenda pretende inculcar nos nenos e nenas hábitos de hixiene e alimentación sans, así como rutinas á hora da mesma.

Partimos da base de que son necesarios uns hábitos de hixiene á hora da merenda tales como o lavado de mans, o uso de panos, comer coa boca pechada, non tocar as merendas dos demais, lavar as mans e a boca ao rematar, etc.

De igual modo, consideramos de grande relevancia que os nenos e nenas fagan unhas merendas equilibradas. A través de pautas e recomendacións intentaremos que os nenos e nenas do programa exploren novos sabores e leven unhas merendas o máis variadas e saudables posible.

Tamén cabe destacar que o establecemento de pautas de comportamento á hora da merenda é un aspecto esencial no servizo, conseguir que os nenos e nenas estean sentados na zona destinada á merenda durante a mesma, que recollan xogos e xoguetes antes deste tempo… A adquisición destas rutinas será o traballo principal nos primeiros días do programa.

negociación e o consenso será a base da relación entre o equipo de monitoras e os nenos e nenas para que, de maneira natural e progresiva, consigamos inculcar hábitos saudables nas nenas e nenos.

PROXECTO PEDAGÓXICO

O proxecto dividirase en tres bloques temáticos principais dividido en tres trimestres:

  • 1º TRIMESTRE: O universo da música
  • 2º TRIMESTRE: Arriba o telón
  • 3º TRIMESTRE: Academia de cine

O UNIVERSO DA MÚSICA

Durante o primeiro trimestre, os nenos e nenas poderán gozar dunha programación centrada na educación musical; aínda que tamén se traballarán moitos outros aspectos do desenvolvemento integral do neno. A pretensión deste bloque é achegar o universo musical dunha maneira lúdica e atractiva traballando as diferentes capacidades musicais innatas: a percepción musical, o sentido do ritmo, a improvisación, a discriminación auditiva, a melodía…

Este bloque será presentado por unha familia que a súa vida xira entorno a música e serán os encargados de contextualizar as actividades a través das súas historias e anécdotas. As historias diarias da familia proporán aos nenos retos e consellos para superar as actividades propostas. Entre todos os membros da familia abranguen unha ampla variedade de estilos, gustos e idades permitindo aos participantes sentirse máis identificados con uns ou con outros personaxes.

  • Actividades de percepción, discriminación auditiva e coñecemento musical
  • Actividades de expresión corporal e estética
  • Actividades de creatividade musical, técnica vocal e improvisación
  • Actividades de Ritmo e percusión

ARRIBA O TELÓN

O eixe principal en torno ao que xira a programación Do segundo trimestre é o teatro, o que denominaremos “Arriba o Telón”.

O noso obxectivo é que vivencien a través do xogo, as diferentes técnicas que engloban o universo do Teatro (improvisación, interpretación, caracterización, traballo en equipo…) Ao mesmo tempo, traballaremos habilidades sociais (planificación, organización, coordinación…), xa que serán os propios creadores da súa obra de teatro implicándose en todos os aspectos da mesma (guión, decoración, vestiario, iluminación, etc.)

Coa programación que presentamos, queremos crear un ambiente fresco, divertido, onde o único prohibido será “non falar” e aburrirse; e onde terá un papel primordial a educación emocional. Para darlle un fío argumental a nosa historia, imos contar coa Compañía de Teatro “Monicreques Cachirulo”.

Cada un dos integrantes da compañía (un monitor/a caracterizado) será o encargado de presentar as actividades, que estarán relacionadas co cargo que desempeñan en “Monicreques Cachirulo”. Cada personaxe utilizará un recurso diferente para explicar o seu traballo.

ACADEMIA DE CINE

Durante o terceiro trimestre, denominado “Academia de cine”, levaremos a cabo un programa de actividades relacionadas todas elas co cine. Nesta academia tan especial, adentarémonos no mundo da ilusión, a fantasía e a creatividade para potenciar o talento dos e das artistas que forman parte dela.

Xoel non podía dar crédito a todo o que estaba a pasar! Encantáballe ese libro e día tras día gustáballe adentarse nas súas páxinas cheas de vida e cor. Pero cando veu todo aquelo que estaba a pasar asustouse tanto que non puido evitar saír correndo. Non sabía que facer! Polo que chamou a Mara, a súa mellor amiga. Ela seguro sabía que facer! A sorpresa foi ao chegar de volta á casa… posto que o libro estaba baleiro… todas as personaxes desapareceran. Que estarán a argallar? Quizais unha academia de Cine?

Xoel e Mara presentarannos personaxes  relacionados co mundo do cine que nos acompañarán durante a xornada para realizar actividades, moitas delas para o adestramento de habilidades de interpretación, comunicación, creatividade, etc. e tamén estará presente o Nadal a través de diferentes obradoiros.

Ademais, un dos fíos condutores que se manteñen ao longo da academia será a  realización dunha curtametraxe por parte dos nenos e nenas, na cal se convertan nos/as protagonistas da historia e realicen todo o proceso de elaboración do mesmo: creación da historia que queren contar; redacción do guión; interpretación das/dos personaxes; persoal técnico de son, luces e claqueta; especialistas de aterezo e decorados; maquillaxe e todas aquelas funcións necesarias para poder crear a nosa propia curtametraxe. Xoel e Mara introducirán ao nenos e nenas no mundo do cine creando unha academia na que se recibirán diferentes visitas moi importantes que serán representadas polas monitora