Conciliatardes 2018-19

A nosa principal intención coas actividades propostas nesta programación “Alerta Vilagarcía”  é espertar a curiosidade, o interese e a motivación dos nenos e nenas cara o medio natural en xeral e o seu concello en particular. Conseguir que sexan persoas respectuosas co medio ambiente e co seu contorno urbano e cultural co que conviven diariamente.

Ao mesmo tempo preténdese propiciar o respecto á identidade de cada neno e nena, así como a aceptación e respecto á diversidade así como respectar o seu punto de vista e escoitalos sobre todas as cuestións de como lles gustaría mellorar o seu contexto.

A través de dinámicas relacionadas co mindfulness e hábitos de saudables pretendemos tamén inculcar unha mirada cara o Eu como parte do Todo. Non podemos pretender aceptar o noso contorno sen coñecernos e valorarnos a nós mesmas como persoas sociais que somos.

A educación en igualdade e para a igualdade debe ser tamén un tema presente rutina diaria do desenvolvemento das actividades ou nos espazos de xogo pero tamén se abordará a través de actividades concretas nos diferentes bloques temáticos. As nenas e nenos atopan no servizo un espazo de socialización, un espazo onde aprenderán a construír a súa identidade de xénero transformando o que tradicionalmente foron aprendendo de acordo cos roles e valores que socialmente se adxudican “ser neno” ou “ser nena”.

HORARIO

O horario do servizo abarca desde ás 15:30 a 21 horas e na seguinte táboa expoñemos a distribución do horario das actividades.

 

EDUCACIÓN INFANTIL HORARIO EDUCACIÓN PRIMARIA
 

XOGO LIBRE

 

 

15:30-16:00

 

XOGO LIBRE

 

ANIMACIÓN Á LECTURA/RECUNCHOS EDUCATIVOS

 

           

             16:00-17:00(infantil)

                16:00-17:15(primaria)

 

APOIO ÁS TAREFAS ESCOLARES

 

MERENDA  E XOGO LIBRE

 

            

             17:00-18:00(infantil)

                17:15-18,00(primaria)

 

 

MERENDA E XOGO LIBRE

 

ACTIVIDADES E DINÁMICAS TEMÁTICAS

 

 

18:15 -18:45

 

ACTIVIDADES E DINÁMICAS TEMÁTICAS

 

OBRADOIROS CREATIVOS

 

 

18:45-19:30

 

OBRADOIROS CREATIVOS

 

XOGO DIRIXIDO

 

 

19:30-20,30

 

XOGO DIRIXIDO

 

XOGO LIBRE

 

 

20:30-21:00

 

XOGO LIBRE

Táboa. Cronograma diario de actividades

 

BLOQUES TEMÁTICOS

Os diferentes bloques temáticos estarán dispostos tendo en conta os 4 elementos que compoñen o noso planeta:

  • A patrulla do Planeta (educación medioambiental)
  • Canto lixo!! (Terra)
  • Nin unha pinga máis!! (Auga)
  • Non se pode nin respirar!! (Aire)
  • Apaguemos os lumes!! (Lume)

A PATRULLA DO PLANETA

Será Margarida, unha rebelde do futuro, quen explique aos nenos e nenas a situación na que se encontra o Planeta no 2030 asolagado polos Polucionarios que se apoderaron do mundo e das persoas. Só quedan un grupo reducido de rebeldes loitando contra eles pero precisan da axuda de cada un dos nenos e nenas que están no Conciliatardes para combater estes seres antes de que se estendan polo mundo. Por este motivo, deben organizarse e constituír a Patrulla Planetaria divididos en grupos: equipo Terra, equipo Lume, equipo Auga e equipo Aire. Cada un destes grupos tratará de identificar os perigos que nos asexan para presentar as súas solucións.

CANTO LIXO!!

Neste bloque temático centrarémonos sobre todo nos residuos e o problema que supón para a natureza. Intentaremos que os nenos e nenas sexan conscientes do volume de residuos que xeramos a diario e como podemos reducilo cuns hábitos conscientes e responsables.

NIN UNHA PINGA MÁIS!!

Neste bloque temático centraremos a nosa atención nos problemas que ten a auga: contaminación, consumo descontrolado, plásticos…

No día a día desperdiciamos moita auga sen ter en conta as consecuencias dos nosos actos. Por este motivo, é moi importante que os nenos e nenas sexan conscientes da conservación deste ben tan importante para o mundo natural.

NON SE PODE NIN RESPIRAR

Neste penúltimo bloque levaremos a nosa viaxe polos diferentes elementos centrándonos no elemento do aire. Este tipo de contaminación é quizais a que é menos visible para os nenos e nenas pero iso non a fai menos importante.

A alteración a calidade normal do aire e a atmosfera por gases, sustancias ou axentes contaminantes liberados por industrias, fábricas, actividades humanas e outros factores é un problema que debemos dar a coñecer aos nenos e nenas.

Nesta ocasión faremos fincapé nas enerxías renovables como alternativa ás enerxías máis contaminantes.

APAGUEMOS OS LUMES!!

Neste último bloque finalizaremos a nosa viaxe achegando aos nenos e nenas ao mundo natural dunha maneira crítica e respectuosa. Neste caso, poremos o foco no lume desde unha perspectiva tanto positiva como negativa. É dicir, que aporta o lume á natureza e tamén o problema cando o lume se descontrola e as súas consecuencias.

Os lumes son un dos principais problemas medioambientais que afectan ao noso Planeta, no noso territorio en concreto. Facer conscientes aos pequenos e pequenas desta problemática é fundamental para evitar futuros incendios e catástrofes medioambientais