Construíndo cabañas

Despedimos a primeira quincena do Concilia Vacacións da mellor das formas… Chea de creatividade!!

E é que a pesares de que a equipa monitoril levaba uns pequenos xogos para realizar no contorno dos Sete Muíños, foi imposible levalos a cabo por petición popular…e é que tiñan razón os nenos e nenas, porque que mellor forma hai para crear historias, casas, cabañas, comidas etc, ca o que a propia natureza nos brinda? Xa vos comentamos que ás veces soemos modificar a programación dependendo dos intereses do grupo, e estamos moi orgullosos de que xogar co máis simple, co barato, co natural…sexa un dos seus centros de interese…. Eso sí, a xornada tivémola que acabar na piscina pasados por auga!

Foi unha quincena moi gratificante, botaremos de menos a moitas nenas e nenos, esperamos con ansias o retorno dalgún, e abrimos as nosas portas aos que non coñecemos…

Espérannos novas aventuras e aprendizaxes, moitas risotadas. Así que a durmir ben, para ter moitas enerxías.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>