Ulimos, sentimos!

Esta quincena faremos exercitar o noso sentido do olfacto de moitas formas distintas… Durante a xornada de hoxe, fixemos unha dinámica moi sinxela, na que, cos ollos tapados, tiñan que descubrir que estaban ulindo. Houbo olores que lles encantaron e outros que ata lle daban noxo. Uliron canela, romeu, lavanda, rosas, ourego, cebola, loureiro, feces de cabalo…

Con este exercicio puideron observar como un mesmo olor provoca diferentes emocións nas distintas persoas, xa que por exemplo o ourego a moitos nenos e nenas gustáballes moito e a outros causáballes malas sensacións… Vinculamos con esta pequena práctica, como os sentidos están relacionados cas emocións.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>