Visita á Panadería “La Esquina”

Hoxe dedicamos o día a coñecer máis sobre a sobremesa estrela do noso pobo “a torta de millo”(Aínda que o de sobremesa causa algo de discusión, xa que a torta de millo é recibida sempre con agrado a calquera hora do día)

A primeira hora da mañá escoitamos a lenda que se esconde tras este produto. Pero as lendas sempre hai que vencellalas ca realidade;así que, despois da merenda, fumos visitar a La Esquina. Juan, abriunos as portas da súa Panadería, para explicarnos e poder observar de primeira man como se elaboran as tortas de millo. Con moita paciencia ensinounos en primeiro lugar os ingredientes, para logo pasar á zona de amasado, como se coloca a masa nas potas, como se realiza o burato das tortas, onde se fornean, como se envasan, etc. Ensinounos a súa tenda e ademais tivo o detalle de agasallarnos cunha degustación deste rico produto. Puxémonos as botas.

Non podemos rematar esta entrada do blog sen dar as grazas por tanta amabilidade a Juan e as traballadoras e traballadores que nos atenderon con moito cariño.

www.panaderialaesquina.com

Ademais recordarvos que o domingo 29 de xullo, tendes un cita no pobo, xa que se celebra a Festa da Torta de Millo. Deixámosvos aquí o programa, para que lle poidades botar unha visual detallada.

http://www.concellodeguitiriz.com/amplia_n.asp?id=605

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>