Acuaponía

Este venres tivemos unha sorpresa inesperada; xa que despois de chegar dunha xornada no campo da Feira na que disfrutamos de diferentes xogos populares (birlos, circuíto de chapas, carreira de sacos, etc.) un veciño de Guitiriz (Jesús), interesado no composteiro da Miñoca colocado no aparcadoiro fronte da Casa Habanera; ofreceunos de regalo miñoca vermella californiana para meter no noso composteiro. Estábamos moi ilusionados co ofrecemento, pero non quedou só aí… senón que nos invitou a súa casa a ver animais (ocas, carpa Koi…) e coñecer o sistema de produción sostible de plantas e peixes (acuaponía) Polo que nos explicou este amable veciño, este sistema combina a acuicultura tradicional (cría de animais acuáticos como peixes); coa hidroponía (o cultivo de plantas en auga)

Neste sistema, os peixes producen o fertilizante da terra, unha vez expulsan os residuos do que comen, ricos en nutrientes. Este fertilizante é absorvido polas plantas. Ao mesmo tempo, as raíces purifican a auga. Trátase entón dun circuíto pechado, totalmente ecolóxico, xa que se consegue un fertilizante natural, non contaminante.

Agradecemos enormemente a Jesús esta invitación, na que os nenos e as nenas puideron dar de comer aos peixes… e non paraban de decir (“SON ENORMES!!!”) Quedaron moi impactados coa visita, polo que foi todo un éxito.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>