Nenas e nenos… Poden facer o mesmo?

Este luns fixemos varias actividades relacionadas ca igualdade entre nenos e nenas e ca corresponsabilidade de tarefas entre os membros da unidade familiar.

Unha das dinámicas realizadas, foi debuxar a un neno e unha nena por grupos e logo, citábanse diferentes frases. Entre o grupo, tiñan que decir se correspondía a algo que dixese un neno, unha nena, ambos ou ningún. Con este pequeno xogo reflexionamos sobre moitísimos cousas, como por exemplo… as nenas realmente gústalles  xogar máis cas bonecas que aos nenos, ou… é que a case ningún neno lle regalaron de pequeno bonecas?

Houbo moitas anécdotas, moitas confesións, moito debate…

Coa realización deste tipo de actividades, segue quedando en evidencia que aínda hai moitísimos estereotipos que romper e que se debe seguir traballando na liña do respecto aos demais.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>