Witichef

Este martes, o Concilia Vacacións abreu as súas portas ao Witichef. Os nenos e nenas dividíronse en grupos para elaborar un menú no que tentamos na súa maioría traballar con produtos de tempada (aínda que tamén fixemos un aperitivo mexicano) Así foron traballando por equipos e preparamos unha pequena merendola cos seguintes pratos:

“Aperitivos”: cenoria crúa, guacamole, salsa de tomate natural con aceite e ourego.

“Prato principal” : Pizza vexetariana (cabaciño, cenoria, pementos e tomate)

“Sobremesa” : Galletas de avea, plátano e chocolate.

Aínda que os nosos nenos e nenas estiveron moi animados e participativos no momento de creación; algúns foron bastante reacios a probar a merendola polos ingredientes que levaban… De todos os xeitos os que nos animamos a probala, estamos en condicións de afirmar que a maioría dos pratos estaban riquísimos… Dignos dun ou dunha superchef!!

 

Animámosvos a seguir cociñando en familia, xa que é un momento onde se comparten multitude de aprendizaxes, de emocións, compártense as responsabilidades, espértanse os sentidos, aprovéitase a ter unha boa conversa… E despois sempre queda a recompensa de disfrutar do realizado (ou de rirse de como quedou o prato)!!! 😉

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>