Coñecemos o camión de bombeiros e despedímonos da Escola de Música

Estes días no Concilia Vacacións estivemos reflexionando sobre os incendios, por que se producen, que podemos facer para evitalos, etc. Polo que nos pareceu unha boa idea, coñecer un dos aliados contra os incendios como son as persoas bombeiras e as súas ferramentas.

Así, tivemos a sorte de coñecer a Chus, que nos explicou as funcións que realizaban no Concello (xa que non só apagan incendios), e respondeu a todas as preguntas (que non foron poucas) que fixeron os nosos curiosos nenos e nenas. Despois da pequena entrevista superada, ensinounos por grupos pequenos, o camión e todo o que nel gardan (o traxe, o casco, a botella de osíxeno, a máscara, o traxe para as avispas, a mangueira… ) Ademais permitiunos subir ao camión, tocar a serea, vimos a forza coa que chega a botar auga a mangueira…

Foi unha experiencia moi positiva, na que coma sempre nos trataron con moito cariño.

 

Hoxe foi día de visitas, xa que a continuación estivemos de novo na Escola de Música. Enviámosvos o último audio realizado. E dende aquí agradecemos a Abel e aos seus compañeiros e compañeiras, as súas ensinanzas e a súa gran paciencia!! Animámosvos a que vos apuntedes para o vindeiro curso (empeza en breves) a algunha das actividades que se realizan dende a Escola de Música. Durante este verán, vimos que a moitos nenos e nenas atráelles a idea e ademais teñen potencial, asi que, non o dubidedes; xa sabedes dos múltiples beneficios que a música provoca nas persoas!!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>