Xogo de pistas

Esta semana, aproveitamos o espazo que nos ofrece o Balneario de Guitiriz, para realizar un xogo de pistas tematizado sobre un dos eixes centrais desta quincena (o gusto) Así, dividímonos en dous equipos (limón e amorodo) e tivemos que ir buscando por todo o recinto estas figuras. Cada vez que atopábamos a nosa froita correspondente, tiñamos que superar unha pregunta e unha proba; se realizábamos todo correctamente premiábasenos cunha pista.

Coa excusa do xogo de pistas, buscamos de favorecer o traballo en equipo e a capacidade de cooperación dentro do mesmo, buscar o consenso, interpretar as mensaxes como exercicio de desenvolvemento da imaxinación…

Os dous equipos superaron o que se andababa buscando, que era… unha sandía!! Puidemos compartila na hora da merenda entre todos e todas. Esta froita produciu en nós diferentes sensacións (uns non paraban de pedir máis e máis e estaban encantados, outras personiñas puxeron cara de noxo, outras intentaron probala… ) Así decatámonos de como unha simple froita causa diferentes emocións nas distintas persoas.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>