Máquinas antiplástico

Durante esta quincena no Concilia Vacacións estivemos falando de como moita parte dos plásticos que usamos están acabando no mar, pasando a crear auténticas illas de plástico; asimesmo estivemos reflexionando sobre os danos que provoca está situación. Despois de ver un breve vídeo de gran impacto visual, sobre o que denominan “o continente do lixo”, plantexamos un reto imaxinativo para todas as participantes. Por que non crear unha máquina que intente eliminar todos os residuos plásticos do mar? Así, divididos en tres grupos, realizaron un bosquexo de como sería esa máquina (unha tiña forma de tiburón, outra de aspirador, outra de submarino…) Cada equipo imaxinou de que forma recollía o lixo, e como xestionaban o mesmo. Houbo inventos moi creativos (uns convertían o plástico en area que servía para facer construccións, illas, praias; outros reciclaban todo o plástico para darlle un novo uso…)

Pode parecer unha utopía esto de crear unha máquina que limpe os océnaos… pero quen sabe? Quizais algún día as utopías se convirtan en realidade, e senón podedes buscar información sobre Boyan Slat,  un rapaz que fundou no 2013 a entidade sen ánimo de lucro chamada The Ocean Cleanup co obxectivo de desenvolver tecnoloxía avanzada que axude a eliminar os plásticos do océano.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>