Moito máis que unha caixa

Unha das actividades estrela de hoxe foi a realizada trala lectura do conto “Non é unha caixa” de Antoinette Portis. O libro invita a todas as nenas e ós nenos a xogar con caixas de cartón e que as utilicen tendo como único límite a imaxinación de cada un. Así que, unha vez rematada a historia, cada neno e cada nena puido dispoñer dunha caixa de cartón e convertela no que quixo (podía realizarse tanto individualvente como en grupo) Cada caixa convertiuse en algo distinto… despois de que cada un xogase libremente ca caixa, ofrecéuselles diferente material (tesoiras, témperas, rotuladores…) para que puideran darlle unha forma máis real a aquelo que imaxinaran (así, as caixas convertéronse nas paredes dun supermercado, nun zoo, en casiñas, nun castelo, nunha televisión, nunha autocaravana, nun satélite…) E aínda que moitos comezaron a traballar sós, logo permitiron aos seus compañeiros que lles axudasen a darlle forma aos seus soños. E o máis bonito… que todos e todas xogaran ao que cada un construíu.

Con esta actividade traballamos a reciclaxe e reutilización, apostando por material de refugallo para a súa realización. Ademais fomentouse a creatividade e a imaxinación. E sen obrigar a traballar en grupo, foron eles quen decidiron que era máis satisfactorio facelo e disfrutar todos de todo.

Estamos encantadas de ver que con algo que a priori parece moi simple, se traballen moitos valores dos valores fundamentais para a vida; e que conseguiran disfrutar tanto a través da dinámica proposta.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>