Nova poesía Guitirica na casa de Díaz Castro

Hoxe fomos de visita á Casa do noso poeta Díaz Castro, e alí tivemos unha visita moi especial. Veu acompañarnos Fátima, un dos membros máis novos, do grupo da Nova Poesía Guitirica (Grupo poético creado o 2 de Outubro no XXV cabodano do pasamento de Xosé María Díaz Castro para promover Guitiriz e parroquias como concello poético)

Fátima, veu acompañada de Calceta (unha marioneta feita por ela cando era pequena), e xuntas, viñeron poñerlle rima á nosa mañá. Con paixón, dozura e imaxinación, despertáronnos os sentidos para ulir, tocar, ver, escoitar e sentir a unha rosa. Con elas realizamos lectura de dous poemas (un da propia Fátima e outro de Díaz Castro) e reflexionamos sobre o significado dos mesmos e, por último, atrevímonos a facer as nosas propias rimas.

Non temos máis que palabras de agradecemento para Fátima, xa que preparou unha dinámica de poesía totalmente adaptada para o grupo, fíxonos pasar unha mañá moi divertida na que aprendemos moitas cousas.

E todo esto no entorno da casa de Díaz Castro, que aínda estando derruída parece que mantén o encanto e que é fonte de inspiración para as nosas e os nosos mini poetas.

Aquí vos deixamos a lectura de Díaz Castro que limos á mañá (como non podía ser doutra forma neste campamento, a temática está relacionada ca natureza); pero facémolo en forma de vídeo músicado, realizado polo IES Díaz Castro de Guitiriz.

 

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>