Parada… Nunha exposición!!

Despois de dedicar a xornada aos nosos habituais quefaceres e disfrutar un pouco do parque; visitamos de volta á Casa Habanera, a exposición que se atopa na Casa Barxa “As cousas de Pepe de Pígara”. Guiados polo propio Pepe, ensinounos toda a colección de cousas antigas que ten (moto, bici, máquinas de forraxe, radios, máquina de escribir…) Unha auténtica viaxe polo pasado!

Agradecemos moito a atención recibida por parte de Pepe, xa que ademais realizamos a visita de forma inesperada.

Con estas pequenas visitas, queremos fomentar o hábito de interesarse polas diferentes actividades e exposicións que se realizan no propio Concello. Que entren nos sitios, que investiguen, descubran, reflexionen e sexan críticos co que ben, elexindo o que lles gusta e o que non…

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>