Espertando os sentidos na Casa Gaibor

Estamos encantados de compartir con vós a última visita que realizamos no Concilia Vacacións, xa que foi todo un éxito a todos os niveis, dende o inicio ata o remate da mesma.

Como sabedes esta última quincena estaba dedicada ó sentido do gusto, polo que a priori parecía unha boa idea visitar un restaurante, pero por que visitar o Gaibor foi tan boa idea?

Agora detallámosvos todo…

En primeiro lugar, recibíronnos na entrada do bar e invitáronnos a pasar á súa cociña. Alí Pili e David (os encargados da cociña), amosáronnos unha serie de produtos que usan nas súas receitas. Fixeron moito fincapé en comprar a produtores locais e utilizar produtos naturais e/ou ecolóxicos de calidade e de tempada para cociñar, por dous motivos principiais (polo coidado da nosa saúde e polo coidado do medio ambiente que finalmente inflúe tamén na nosa saúde) Así ensináronnos o mel Modia, o leite de Casa Vidal, a froita comprada a Hortalizas do Lar… Invitáronnos a ulir colorantes naturais como a cúrcuma, tamén ulimos o placton que foi algo moi novidoso para todos…

A continuación faláronos da importancia da limpeza na cociña, polo que nos convidaron a que nos laváramos moi ben as mans para ofrecernos cociñar con eles… E por suposto este reto aceptámolo á primeira!!!

Así, fixemos croquetas, batido de fresa, tostas (que podíamos untar con mermelada caseira, aceite ourensán, ou requeixo con mel), ademais comimos arándanos e de postre (esto non o fixemos nós pero estaba boísimo igualmente) brownie de chocolate con noces. Mentres cociñábamos volvéronnos a falar da importancia dos produtos naturais e locais; ademais de que na cociña a reciclaxe tamén é fundamental. No restaurante recíclase de dúas formas, unha é a separación correcta dos residuos que se xeneran; e por outro lado tamén nos falaron da “reciclaxe na cociña”. Comentáronnos a importancia de non tirar comida ó lixo, e de saber “reciclar” o que sobra, por exemplo facendo croquetas; xa que é unha forma de volver a utilizar a comida que sobrou, facendo unha receita diferente e moi saborosa.

Cando rematamos de cociñar fomos a saborear toda a nosa merenda de media mañá á terraza do Gaibor (xa tiñamos a mesa posta, gracias ás compañeiras de Pili e David) e así tranquilamente disfrutamos todos xuntos do elaborado.  Ca cociña traballamos todos os sentidos (ulimos os diferentes ingredientes e as elaboracións, tocamos as diferentes texturas, vemos as diferentes cores, escoitamos os diferentes ruídos que se provocan ao cociñar… e por suposto poñemos o paladar a punto e recoñecemos que sabores nos gustan e cales non) Como xa dixemos no seu día, cociñar é un momento que invita a falar, a contar as “nosas cousas” e a escoitar as dos demais… E xa sabedes a importancia que lle damos á COMUNICACIÓN, no Concilia Vacacións.

Non sabemos como manifestar o noso AGRADECEMENTO con maiúsculas, á forma de tratarnos con tanto cariño e a forma en cómo tiñan perfectamente preparada a nosa visita. Ademais, resumiron e transmitirion dende o ámbito da cociña, os valores que durante estes dous meses intentamos traballar no campamento (reciclaxe, reutilización, separación de lixo, comprar no comercio local, comprar produtos naturais e de tempada…. ) Pequenas accións que todas as persoas podemos facer e que como ben dixo Pili “son unha forma de coidarnos a nós mesmos e de intentar facer deste mundo un lugar un pouco mellor”. Hai persoas que sen estudiar pedagoxía saben perfectamente a forma de como transmitir coñecemento aos demais, e onte foi un claro exemplo desto.

Millóns de gracias a equipa de Casa Gaibor, especialmente a David, e moi especialmente a Pili, por deixarnos entrar no seu negocio, explicarnos todo dunha forma tan especial e deixarnos “desbaratar” un pouco todo, que ao final, é o que máis nos gusta 😉

Xa sabedes donde vos esperan “os do Gaibor”!!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>