Gañamos aos “Polucionarios” ca axuda das familias

E coma todas as cousas… todo ten un principio e un fin; e chegamos ó último día do noso Concilia Vacacións.

Fixemos moitas actividades de todo tipo, no que aínda que a música, os sentidos e o coidado do medio ambiente tivo unha atención especial, non nos esquecimos de realizar actividades doutro tipo no que a educación en valores estivo moi presente, os xogos de distensión, o ioga, o mindfullnes, e un longo etcétera.

Para rematar, estes dous meses de choros, risas, de facer novos amigos, de alegrías (en fin, de CONVIVENCIA) realizamos un xogo cas familias que puideron vir a acompañarnos. Margarida (unha rebelde do futuro) veu pedirnos axuda para combater contra os Polucionarios (Tóxico, Crise, Desigualdade e Consumo Irresponsable), quenes queren apoderarse do noso Mundo. Como non hai mellor forma para intentar combater o inimigo que unir forzas e traballar en equipo, a Patrulla Planetaria formada por catro equipos (mar, ceo, terra e lume) realizaron diferentes probas para derrocar a estes bichos.

Os equipos autoxestionáronse e lograron gañar; polo que recibiron diferentes medallas (pola creatividade, polo valor e polo traballo en equipo)

A escolla deste xogo como remate final, foi que as familias vivenciasen un día no campamento (coas súas cousas boas e malas); xa que a transparencia no que realizamos tamén nos parece fundamental.

A despedida en vivo foi co visionado do Documental “Alerta Guitiriz”, realizado durante os meses de xullo e agosto. Foi algo sinxelo, pero esperamos que vos gustase moito.

Para finalizar, dar as gracias ás familias e por supostísimo ás nenas e ós nenos… De parte de toda a equipa de Ágora Aberta decirvos que foi todo un pracer compartir este verán con vós. Seguide disfrutando das cousas simples e lembrade que é moi importante respetar aos demais e por suposto, a nós mesmos.

BICAZOS MIÑOQUEIRAS E MIÑOQUEIROS!!!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>