A Miñoca e os alimentos

Durante o verán do 2019 traballarase a través dos seguintes centros de interese:

  • 1ª quincena de xullo: SABES O QUE COMES, MIÑOCA?

Centro de interese: Os alimentos, grupos de alimentos e superalimentos

  • 2ª quincena de xullo: E TI, ONDE COMPRAS MIÑOCA?

Centro de interese: Consumo responsable, orixe e etiquetaxe dos alimentos

  • 1ª quincena de agosto: NON TE PASES, MIÑOCA

Cento de interese: A saúde, azucres engadidos e naturalmente presentes

  • 2ª quincena de agosto: MANS Á MASA, MIÑOCA!

Centro de interese: Desperdicio alimentario, residuos e cociña do mundo

O obxectivo principal deste proxecto é dar continuidade á programación levada a cabo o verán pasado onde os nenos e nenas descubriron o medio natural e a necesidade de preservalo mediante accións como a redución do lixo, a compostaxe de materia orgánica, as diferentes formas de lecer que a natureza nos ofrece…

A Miñoca será a mascota que acompañe aos nenos e nenas todo o verán, a miñoca supón o símbolo do compost, elemento fundamental para o bo funcionamento das terras de cultivos e tamén para o tratamento dos residuos orgánicos. 

Por este motivo, será unha miñoca creada con elementos de refugallo a que presente algunhas das actividades da programación creando un vínculo cos nenos e nenas. As actividades que presentará esta personaxe aos nenos e nenas serán aquelas relacionadas coa reutilización e reciclaxe de materiais ademais de hábitos saudables ou relacionados coa alimentación.

Este ano, ademais de continuar a poñer o foco sobre a necesidade de ter unhas condutas respectuosas cara ao medio natural, centrarase na boa alimentación e os hábitos saudables sen deixar de lado á industria alimenticia e o seu impacto tanto no medio ambiente coma na nosa sociedade, en concreto na poboación infantil.

A realización de dinámicas coeducativas e de fomento da igualdade de xéneronon deben ser unha actividade puntual, polo tanto, estarán presentes en todos os proxectos dunha maneira transversal. Ademais calquera xogo pode ser o escenario perfecto para practicar a igualdade, de maneira que en todos os proxectos na hora de xogo dirixido estarán presentes xogos de igualdade.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>