A roda dos alimentos

Miñoca (a mascota do campamento), veu a presentarse ós nenos e nenas do Concilia Vacacións o primeiro día de campamento. Entre moitas outras cousas, comentoulles que tiña un gran lío na cabeza, xa que non sabía identificar que era unha froita, cales eran os legumes, o peixe, a carne… A Miñoca explicoulles que quere comezar a ter unha alimentación máis equilibrada, pero sen coñecer os tipos de alimentos, cales son os que debe tomar con máis frecuencia e cáles debe tomar só en ocasións moi puntuais, resúltalle un pouco compricado. Así que unha das dinámicas que se realizaron no campamento foi a elaboración dunha gran Roda dos Alimentos, para intentar en primeiro lugar coñecer os alimentos e logo clasificalos.
É unha tarefa un pouco tediosa e non resulta doado, de feito, houbo alimentos que sorprenderon aos nenos e nenas á hora de clasificalos, xa que cuestionaban se o tomate é unha froita… e as olivas?
A roda axudoulles a aclarar todo este embrollo, xa que descubriron que non só Miñoca estaba liada. De todos os xeitos, pouco a pouco iremos resolvendo moitas dúbidas para axudar non só á nosa mascota, senón tamén a nós mesmos.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>