Establecendo compromisos

Comeza o Concilia Vacacións 2019, e como durante a primeira xornada, é moi importante ir coñecéndonos, establecendo lazos, observarnos, rirnos, ofrecer atención a quen lle asustan as novidades…realizamos principalmente xogos de presentación, cooperación e contacto.

A Miñoca (a nosa mascota) veunos contar sobre que falariamos os vindeiros días e, ademais, comezamos a asumir compromisos de convivencia para tratar de facer que o Campamento da Miñoca sexa o campamento de todas as participantes… Escribimos entre todas e todos o que pensamos que podemos facer no campamento… así, establecemos que no campamento poderiamos divertirnos, aburrirnos, chorar, loitar polos soños, rir, bicar (se nos apetece e sen obrigar a ninguén), cometer erros, pedir perdón, e un longo etcétera. Abrimos un saco moi grande onde o monitorado e cada participante pode incluír o que queira; pero sempre, todo o que fagamos, comprometímonos a facelo con respecto e intentando coidarnos entre nós e ao que nos rodea. Confiamos en poder manter sempre este principio, e se algún día o saltamos ter recursos para poder facer deste desexo unha gran realidade.

BENVIDAS E BENVIDOS!!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>