O xardín da Miñoca

Nesta xornada, entre outras moitas cousas, adicamos parte do noso tempo a preparar un pequeno horto. É fundamental que os nenos e nenas coñezan a importancia da vexetación, o que significa para o noso osíxeno e polo tanto para nós mesmos. Para entender os conceptos xa sabedes que o mellor é poñelos en práctica; así que gracias ao noso pequeno horto reutilizando botellas e garrafas de plástico e elaborándoo en forma vertical para reducir espazo, aprendemos a coidar as plantas, vemos que necesitan para alimentarse e para vivir. Pero non só aprendemos a respectar o medio ambiente; senón que é unha forma de aprender tamén o proceso que viven as verduras que forman parte da nosa dieta antes de estar no prato, concienciando a través do xogo sobre a necesidade de comer dunha forma natural e sana.
No noso xardín plantamos tomates, petunias, xeranios, albahaca, e cebollino. Ademais, temos a sorte de que tamén puidemos plantar leitugas que nos agasallou con moito cariño Paqui de Agrocomercial Abelleira. Moitísimas grazas!!
Agora só falta esperar, ter paciencia, agarimar e seguir coidando o noso hortiño. Eso sí, o primeiro día emocionámonos demasiado regando… saberán nadar as plantas?

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>