Comedeiros de paxaros

Coma todos os venres… toca piscina; pero antes de poñernos a remollo na auga e saír todos enrugados, puidemos disfrutar do xogo libre que nos proporciona o magnífico entorno natural dos Sete Muíños. Ademais, aproveitamos para realizar unhos comedeiros de paxaros feitos simplemente con tres elementos: monda de laranxa, paos, e corda. Ao rematar, colgámolas nas árbores que nos serven de xogo e cobixo e enchémolos de alpiste para que os paxariños se poidan dar un bo banquete. Á maioría dos nenos e nenas que se animaron á creación dos comedeiros, resultoulles moi doado, e afirmaron que lles gustara moito facelo.

Na próxima visita observaremos se foron usados.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>