Diverciencia: Flores de papel que se abren na auga

A quen non lle gusta experimentar e investigar? A nós moito, así que propuxemos unha actividade que encaixamos no apartado de Diverciencia.

Para este experimento só precisamos… un recipiente con auga, papel, lápis de cores, tesoiras… e o ingrediente que do que máis dispoñen os nenos e as nenas… a creatividade!!!

Cada participante debuxou unha flor que logo pintou ao seu gusto, recortouna, dobloulle os pétalos e introduciu a súa flor no recipiente con auga… e que pasou?? Os pétalos foron abríndose… maxia?? Ten a súa explicación… Como sabedes, o papel está composto de fibras entrelazadas de celulosa e lignina, que proceden da madeira. Estas fibras funcionan como pequenos capilares que son capaces de absorver a auga do recipiente. Co aporte de auga as fibras inchan e enderézanse, o que provoca que os pétalos da flor se abran. O proceso mediante o que a auga sube polo papel chámase capilaridade.

Podedes facelo as veces que queirades… e tan sinxelo e á vez tan visual e chamativo… Houbo reaccións de todo tipo… uns quedaron abraiados, outros querían repetir unha e outra vez; outros decepcionados, por meter a flor no recipiente do revés; houbo algún choro porque a flor se mollou… Miles de reaccións porque cada unha de nós somos únicas!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>