Luns infordivertidísimo!!

O luns comezamos a semana cunha nova actividade. Descubrimos ou redescubrimos que en Guitiriz hai unha aula con ordenadores que se chama ” a aula Cemit”.

Os nenos e as nenas máis maiores deleitamos á responsable da aula cos nosos coñecementos de informática desfrutando duns xogos. Os e as máis peques aprendimos a acender un ordenador sós, a manexar o rato e xogamos a adiviñar animais agochados nas pantallas. Que pasada esto das novas tecnoloxías!!!

Para rematar esta xornada comezamos a facer unhas manualidades para un xogo que nos vindeiros días descubriredes. Xa sabedes que aquí no Campamento sempre andamos argallando!.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>