Saída a Outeiro de Rei: Deleite

Este mércores saímos de Guitiriz cara Outeiro de Rei para visitar as instalacións de Tegestacín, S.L. onde hai unha planta industrial para a transformación, fabricación e envasado de leite. Así, puidemos ver como a marca Deleite envasa alí este produto, que é parte importante da economía Guitiricense.

Ó pouquiño de chegar, recibíronnos para dar comezo a visita e déronnos unhos gorros para conservar a hixiene da planta, que máis de unha mantivo posto ata volver a Guitiriz.

O primeiro que vimos foi a parte que se utilizar para o procesamento do leite. Quedamos abraidas coa cantidade de tubos, máquinas e tanques polos que se move o leite para embotellalo e o poidamos consumir nun prazo de 6 meses sen que se poña malo.

Logo continuamos vendo o laboratorio onde se aseguran de que o producto non ten ningún tipo de problema para ser comercializado.

Despois desta visita, os nosos guías tíñannos preparado unha gran merenda para que probásemos o seu leite. Poidemos acompañalo con un par de galletiñas e para finalizar, unha macedonia!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>