Visita da Asociación Bico de Leite

Este martes tivemos a honra de recibir a visita de Silvia, unha das rapazas que forma parte da Asociación Lucense prolactancia materna “Bico de Leite”, xusto cando se celebra a semana Mundial da Lactancia Materna (aínda que en España como agosto é un período vacacional, celébrase durante a primeira semana de outubro)

Silvia veu falarnos sobre algúns dos benefecios que os estudos indican que aporta a lactancia materna; explicando que tal como indica a OMS (Organización Mundial da Saúde), é “a forma ideal de aportar aos bebés os nutrientes que necesitan para un crecemento e desenvolvemento saudables”. Ademais, protexe aos nenos e nenas de enfermidades frecuentes na infancia; é un alimento moi coidadoso co medio ambiente, xa que non está envasado en plástico nin xera residuos, e un longo etcétera.

Para coñecer máis datos sobre este alimento saudable, Silvia propúxonos varias dinámicas. Así, contou a historia do libro ilustrado”Mamá Natureza” de Julia Pérez e Alba la Pintora de Somnis. Un conto rimado que trata sobre o vínculo tan especial que se crea entre as nais mamíferas e os seus cachorros, e da satisfacción do placer de todas as persoas que participan dese momento de unión, cariño e amor.

Pareceunos unha elección moi acertada porque ademais do bonito da historia, as autoras donan parte dos beneficios obtidos ca venta do libro a axudar a varias ONGs que se encargan de protexer a infancia e aos animais.


Co grupo de nenos e nenas máis maiores Silvia fixo unha pequena charla moi interactiva, na que explicaba cousas sobre a lactancia materna.

Sorprendeunos a cantidade de preguntas que os nenos e nenas fixeron, e como non… Silvia tamén nos interrogou moito…

Que animais dan de mamar? Que é ser mamífero? Todas as nais de diferentes partes do mundo poden dar de mamar? Que comida toman os bebés? Que tipo de leite poden tomar? Ata cando poden tomar peito os nenos e nenas? Os bebés durmen moito? Canto tempo tarda en dixerirse o leite materno? Será fácil dar teta? Se as mulleres son as que dan o peito, é so cousa das “rapazas” esto da crianza e da alimentación? Os nosos nenos e nenas responderon a todas as preguntas, debatimos e reflexionamos sobre as mesmas e aportaron moitas anécdotas.

Ademais, tivemos a sorte de que Silvia non veu soa, xa que a acompañou durante boa parte da xornada María e os seus dous fillos de 10 meses e 5 anos. María dalle peito aos seus fillos e o pequeno, demandou un par de veces peito, polo que os nosos participantes e as nosas participantes puideron ver en primeira persoa, un acto tan natural como o é o de aleitar a un bebé.

Despois de todo isto, as rapazas de Bico de Leite, propuxéronnos pintar unhas imaxes de diferentes mamíferos amamantando (cada participante elexiu a súa) e finalmente agasalláronnos cunha chapa co noso debuxo pintado. Este detalle encantoulles a todos e todas as participantes.

Foi unha experiencia moi bonita e unha actividade moi especial, feita co máximo respeto e cun cariño único, polo que temos que agradecer a todas as persoas que forman parte da Asociación Bico de Leite, a rápida resposta na aceptación da proposta de colaboración e por suposto en preparar de forma tan respetuosa a actividade. Queremos mencionar de forma especial a accesibilidade de Silvia e a profesionalidade en querer ofrecer algo de calidade adaptado as idades dos nenos e das nenas. E por suposto un gran grazas a María e aos seus fillos por querer acompañarnos, responder a todas as preguntas que os nenos e nenas lle fixeron e amosarse tan cariñosa ante todas as miradas do grupo mentras daba de mamar.

Por último deixarvos o enderezo web da asociación, por se queredes máis información sobre a mesma: http://bicodeleite.blogspot.com/ Unha asociación na que apoian á nais que desexan dar leite materno; pero non se reduce a eso, senón que é un punto de encontro de familias que queren compartir as súas experiencias en torno á maternidade.

 

One Response to “Visita da Asociación Bico de Leite”

  1. Pertenzo á familia “biqueira” dende os seus primeros pasos.
    É unha ledicia ver medrar á asociación e comprobar que somos útiles na sociedade, participando en iniciativas como esta.
    Grazas Silvia, grazas María e grazas rapaces e rapazas…
    😍😍😍💫

    Responder

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>