Unha chea de familias

Un dos recursos que utilizamos ao longo das diferentes quincenas do Concilia Vacacións son os contacontos. Con esta dinámica, pretendemos cumprir moitos obxectivos (espertar o pracer pola lectura, espertar a imaxinación e a fantasía, mellorar o dominio do vocabulario, e un longo etcétera, pero entre eles destacamos a crítica e a reflexión sobre as historias narradas)

Nesta ocasión, baseándonos no libro de Xosé A. Neira Cruz, titulado “Unha chea de familias”, visitamos da man de Mariña (a protagonista do conto) os diferentes pisos que conforman o edificio onde ela vive. Abrindo as diferentes portas, fomos coñecendo as historias de vida que se agochan en cada parede do edificio… Eran historias moi, pero que moi diferentes; pero tiñan algo moi importante en común… Animádesvos a adiviñar que era?

Grazas a este conto ilustrado, creamos un espazo para falar e reflexionar da gran diversidade familiar actual, das diferenzas que poden existir entre unhas familias e outras pero tamén das semellanzas. Sendo tan diferentes as familias, que teñen en común? Que as une a todas? Que nos gusta da nosa familia? Falando sobre diversidade, rematamos falando sempre sobre información, coñecemento e sobre todo RESPECTO.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>