Xincana Medioambiental

A pesares dos datos alarmantes sobre todas as problemáticas que vivimos hoxe en día a causa da contaminación; os seres humanos seguimos tendo pouca conciencia sobre o coidado do medio ambiente, como se fose algo que non nos afecta a nós. Só fai falla pasearse ao día seguinte de calquera festa, para ver como deixamos os prados que en horas anteriores foron compañeiros de troula; pasearse á beira dun río ou do mar sen ver lixo tirado resulta case misión imposible, etc.

Por esta razón, no Conciliavacacións facemos moitas actividades específicas tratando a importancia de coidar o medio ambiente, demostrando como as nosas accións poden danalo e polo tanto, facémonos dano a nós mesmos.
Nesta ocasión, fixemos unha xincana que consistía en diferentes probas que tiñan que ir superando relacionadas có medio que nos rodea e cos catro elementos naturais. Así, fixemos dúas probas centradas coa auga, dúas coa terra, dúas có lume e dúas có aire.
Coma sempre, o que máis potenciamos é o traballo en equipo.
Na relacionada có mar tivemos que simular limpar unha praia de lixo e chapapote,  e tamén limpeza  dun río  cunha tina chea de tapóns .
Explicamos a importancia que ten o lixo que acaba no mar, e fixemos un repaso a catástrofe  do Prestige.  Na relacionada có vento , tiñan que acertar unha adiviña e realizar unha proba poñendo a proba os pulmóns, proba que parecía máis sinxela do que en realidade resultou.  Quizais a máis difícil foi a relacionada coa Terra que consistía en xeroglíficos e en adiviñar animais en perigo de extinción , pero en realidade non hai nada difícil para estes pequenos/as.  E para rematar unha danza para espantar o lume e consellos parar previlo!!

Con estas pequenas accións queremos ir creando conciencia, que se interesen polo coidado do medio e que se den conta de que é o máis valioso que temos, ao fin e ao cabo, sen él non poderíamos vivir.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>