Merendas Saudables

Como xa dixeramos ao comenzo da quincena, a nosa miñoca estaba maliña e o noso obxetivo era que fora mellorando nestos quince días.

Para axudarlle na súa misión, fixemos uns cadernos nos que fomos debuxando e anotando as merendas que íamos comer durante unha semana. O mellor para intentar que os demais coman saudable é facelo nós; estamos seguros que se nós lle damos exemplo, a Miñoca intentará imitarnos.

Así cada participante foi anotando no seu caderno (segundo os seus gustos e preferencias) diferentes tipos de merenda. Como sabedes a merenda máis saudable é froita, froita e máis froita; pero tratamos de variar un pouquiño. Así, para o luns e xoves cada un escolleu a froita que quería levar. O martes elexiron un lácteo (queixo, iogur…); o mércores un puñado de froitos secos (pistachos, améndoas, avelás, noces…) e o venres, pensamos en facer un postre caseiro (compartir momentos na cociña cos nenos e nenas é unha das mellores experiencias que podemos brindar; educar ao mesmo tempo que xogamos, axuda a crear un vínculo especial, a afrontar os fracasos e a intentar superar os medos e a acadar obxectivos)

Para a fin de semana, propuxemos receitas como tostas de pan integral con hummus ou aguacate, tamén son moi válidos chips de vexetais, cenorias crúas… O san non ten porque ser aburrido e moito menos pouco saboroso. Hai multitude de alternativas.

Así que vos animamos a ser creativos e creativas, a compartir momentos de cociña e por suposto a optar por merendas que non sexan procesadas e libres de plástico.

Estamos convencidos e convencidas de que a nosa miñoca vai mellorar moito despois de comer as nosas merendas.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>