Contrapublicidade

Estes días no Concilia Vacacións estivemos falando do azucre. Que é? De onde provén? Hai diferentes tipos de azucre? Que tipos de edulcorantes coñecemos? Despois de facernos todas estas preguntas, estivemos comprobando de forma moi visual, a través dun pequeno mural, o azucre que conteñen as bebidas que os nenos e nenas frecuentan tomar. Moitas participantes non daban crédito ao que estaban vendo, e parecíalles imposible que no produto que consumían estivera cheo de tanto azucre.

Moitas veces, sabemos que a inxesta de determinados tipos de alimentos nocivos e superprocesados ven influenciada pola publicidade. Cancións, debuxos que están de moda, xoguetes que agasallan pola compra de determinado produto, son recursos que utiliza a publicidade para “enganchar” á infancia.

E no Campamento da Miñoca pensamos… por que non lle damos a volta? Vistedes algunha vez unha publicidade deste tipo anunciando un produto natural? De froita ou de verdura da horta? No Concilia Vacacións sí!! Temos as mellores técnicas e técnicos de publicidade, que se dividiron en pequenos grupos para realizar un anuncio moi “molón” sobre un produto natural elexido por cada grupo. En pouco tempo, crearon un guión, e fixeron de actores e actrices para ensinarnos as saudables propiedades do plátano, da mazá, da sandía e de bebidas sen azucre.

A creatividade expúxolle ao seu máximo expoñente, cada grupo realizou un anuncio moi acorde ao seu estilo; as risas estiveron aseguradas, e o nerviosismo foi evidente á hora de mostrar o realizado.

Moi pronto, poderedes ver os anuncios publicitarios creados, no apartado privado, na sección da terceira quincena.

Seguro que vos sacamos un sorriso!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>