Experimentando coa filtración

Podemos limpar a auga sucia a través de diferentes materiais? Esta foi a pregunta coa que comezamos esta proba. As respostas foron bastante negativas pero puxémonos mans á obra.
Para realizalo precisamos; unha botella de plástico transparente, algodón, area, grava e pedras. 
En primeiro lugar, cortamos a botella polo fondo para poder meter os materiais, facemos diferentes capas cos materias anteriores e realizamos un furadiño no tapón. Despois de isto, simplemente temos que ensuciar con unha pouca terra a auga que queremos filtrar para poder observar o proceso de filtración que ocorre na natureza.
Logo de filtrar a mesma auga varias veces, quedamos abraiados do clariña que chegou a sair a auga, incluso daban ganas de bebela! 

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>