Solidariedade a través dos contos

Este luns desplázamonos ao piso de arriba da Casa Habanera, para acudir a presentación do proxecto solidario da Asociación Sentimentos de Cristal, de man dos fundadores da editorial vasca Agalir (Iñaki Urdangarín e Agurtzane Estrada)

Despois de falarnos da importancia da educación emocional e de coidarnos tanto a nós mesmos coma aos demais, de contarnos en que consiste o trastorno chamado “ósos de cristal”, e falarnos sobre o proxecto solidario “Ningún niño sin su cuento”, no que por cada libro vendido, donan outro a hospitais, casas de acollida ou entidades que se encargan de atender a menores en risco; contáronnos algunha das súas historias máis destacadas.

Finalmente, agasallaron aos nosos participantes con dous exemplares escritos en catalán, euskera, castelán e galego. Os contos titúlanse “O chícharo curioso” e a “Bolboreta Maritxuly”.

Os nenos e nenas do concilia vacacións recibiron os regalos encantados, porque a maioría afirmou que lle encantaba ler.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>