Obradoiro de Pan caseiro

Hoxe recibimos unha visita moi especial; xa que nos acompañou durante as primeiras horas do Campamento, Jesús Roca (Suso), un veciño de Guitiriz. E que pensades que veu a ensinarnos? Pois, dende fai un tempo, rara vez na súa casa se compra pan e habitualmente é o encargado de elaborar este rico manxar no seu fogar; polo que veu a ensinarnos como o elabora. Falounos de que dependendo da ocasión, utiliza distintas fariñas (integrais, de trigo, mezcla, etc.) Debido ao curto horario do que dispoñemos no campamento, trouxo xa preparada a masa para facer o pan no Concilia. Simplemente utilizou fariña (neste caso de trigo), sal, “masa madre”, levadura e auga. Deixou levedar a masa durante duas horas aproximadamente e logo tróuxonola ao Concilia Vacacións. Unha vez alí , repartiu un cachiño de masa a cada neno e cada nena, para que amasasen o seu boliño e lle deran forma, e de agasallo puideron facer un bolo “preñado” con chocolate negro (70% cacao) Foi ao forno durante media hora aproximadamente e… “voilà”… un boliño rico rico e feito por nós.

Suso tamén aproveitou para comentar a importancia que ten que todas as persoas da casa colaboren en facer todas as tarefas (por un lado a satisfacción de realizar as cousas por un mesmo, e por outro lado se todos colaboran, antes se fan as cousas e todos os membros da familia disporán de maior tempo libre)

A todos os nenos e nenas lles encantou amasar o seu boliño, e á maioría dos que o probaron (outros leváronos para a casa) encantoulles a receita, polo que, co estómago cheo, só podemos darlle millóns de grazas a Suso, polo seu tempo, pola súa receita e polo cariño co que tratou a cada unha das nosas participantes.

Tamén queremos aproveitar a ocasión para dar as grazas a Ana, a “profe de informática”, xa que hoxe foi o último día que estivemos con ela. Moitas grazas por amenizarnos o día coas novas tecnoloxías!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>