Mestura de culturas a través dos sabores

O xoves, celebrouse a última edición de WITICHEF destes verán do 2019. Xa sabedes que como sempre, dividimos o grupo en tres, e premiamos sobre todo o traballo en equipo. Teñen que organizarse para ler as receitas, coller os ingredintes, utensilios, e elaborar a receita, coidar a presentación e por útlimo, deixar todo limpo e tirar no contenedor correspondente o lixo. As receitas están adaptadas a eles/as para que sexan sinxelas de entender, e poidan facelo da maneira máis autónoma posible.

Como a nosa mascota, a Miñoca, está de viaxe polo mundo, nesta ocasión, o Witichef estivo tematizado segundo os seus propios desexos. Miñoca escribiunos unha carta dende Urugai e informounos de todos os continentes polos que viaxou. Sigue un pouco triste, porque da igual a onde viaxe, sempre ve que a xente desperdicia comida nas súas casas, e está un pouco abrumada pola cantidade de comida que se tira ao lixo nos restaurantes e supermercados. Tamén viaxou a lugares moi distintos onde nenos e nenas non o teñen nada doado tanto para comer, como para poder beber auga potable. Despois de compartir con nós todas estas reflexións, asegurounos que alá por onde viaxa sempre atopa moi boa xente que intenta a través de diferentes accións, facer do mundo no que vivimos un lugar mellor. Para celebrar as distintas amizades que fixo polo mundo, propúxonos a elaboración de tres platos diferentes; así, fixemos de entrante  unha receita de hummus ,esta receita é típica de Oriente Medio: Líbano, Palestina, Turquía, Grecia, Siria, Armenia, Chipre e Israel; de plato principal, elaboramos un cous cous, típico de Marrocos; e por último, un postre de Uruguai e Arxentina, chamado pasta frola.  Con isto, ademais de coñecer a cultura de outros países, o noso paladar poido desfrutar de novos sabores… e aprendimos palabras que nos liaban un pouco..


Temos que dicir, que foi un éxito. A maioría de nenos e nenas, probaron os pratos e repetiron unha e outra vez. Tivemos varias peticións de receitas , xa que queren facelas na casa coas familias… queren demostrarvos os expertos e expertas cociñeiros/as que son ! Xa sabedes a desfrutar dos sabores ….

Como xa vos dixemos en multitude de ocasións, a actividade do WITICHEF, gustaba moito , tanto ao monitorado como aos nenos e nenas… imos botar de menos descubrir os pratos que facían os outros equipos!!! Grazas nenos e nenas por manexar con tanto xeito ,
fornos, coitelos, culler, batedoras…. e sobre todo GRAZAS por facernos desfrutar cos vosos pratos, que aínda que algún non saíse como nos imaxinabamos, o cariño que lles puxéstedes foi a mellor arma para darlle sabor ás vosas creacións.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>