Día de piscina

Unha das actividades que máis lles gusta aos nenos e nenas durante o verán é a Piscina. Este venres puidémonos dar un bo chapuzón na piscina de Teixeiro. Coma chegamos un pouco antes das 12:00 ( a hora que abre a piscina) estivemos xogando no parque un pouquiño e pasounos o tempo voando para cando nos abriron as portas. Unha vez que entramos, o primeiro que fixemos foi separarnos por grupos, extender as toallas, quitar a roupa, botar a crema de sol e quen o precise equiparse de manguitos, cinturón, etc. Despois de todo isto, estamos preparados para ser como bacallaus a remollo!! E despois do chapuzón, volvimos aproveitar as pistas deportivas e o parque, que as instalacións que rodean a piscina nos ofrecen. Acabamos a xornada agotados e agotadas, pero pasámolo xenial!!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>