Xoguetes e xénero

Como todos e todas xa ben sabedes, a miñoca acompañounos durante todo o verán, compartindo risas, aventuras e sobre todo aprendendo con nós sobre alimentación saudable, reciclaxe e medio ambiente. Témoslle un especial cariño e por iso, decidimos crear a nosa miñoca de xoguete para poder levar para casa, pero claro, a miñoca tiña que ser de materiais aos que lle podíamos dar un novo uso, ; así, cunhas oveiras, recortamos, pintamos e creamos a nosa miñoca particular. Un xoguete que lles traerá aos nenos e nenas recordos deste ” CAMPAMENTO MIÑOCA”.

Mentres estabamos levando a cabo a actividade, iniciamos unha conversa sobre igualdade. Preguntamos se os xoguetes teñen xénero? É dicir, se esta miñoca vale tanto para que xoguen os nenos e as nenas. Realmente a maioría decían que era máis de nenas, e que os nenos xogaban ao
fútbol e as nenas con bonecas. Fomos máis aló e os nenos que afirmaban esto, tamén asentiron que nunca os agasallaran cunha boneca… Entón realmente son os nenos e nenas os que elixen a que xogar, ou é a sociedade en xeral a que dende bebés os induce a elexir un xogo ou outro?

Consideramos que calquera momento é bo para educar en igualdade, é moi necesario , e moi interesante escoitar as
opinións que teñen os nenos e nenas ao respeto. Comezan facendo comentarios que saben que o monitorado quere escoitar, pero logo reláxanse e comentan tantas cousas ao respecto, que nos sigue quedando claro, que hai moito que traballar neste eido.

Despois de rematar esta actividade, visualizamos o LIP DUB realizado na segunda quincena. Gustou moito verse en pantalla, e está colgado tamén no apartado de fotos
por se queredes velo todos e todas xuntas. Os nenos e nenas realizaron un gran esforzo, xa que grabar todo dunha tirada sen parar a cámara ten o seu mérito. Só agardamos que desfrutedes véndoo como nós desfrutamos facéndoo e ensaiando. Aproveitamos para darlle as grazas a Tareixa Martínez, intérprete de Lengua de Signos Española (LSE), que nos axudou a traducir o retrouso da canción “Todo Natural” de Mamá Cabra, para que poideramos facelo en LSE. Moitísimas grazas de verdade pola túa paixón, bondade e ganas de compartir.

Despois destas actividades máis relaxadas, necesitábamos un pouco de movemento. Creamos un circuíto, na que tamén as oveiras foron unhas das nosas grandes protagonistas… Canto uso lle podemos dar as
cousas, só debemos tirar de imaxinación!!!

Gardade ben esta miñoca , como recordo dos momentos felices que vivimos neste verán!!!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>