Cociñando na Casa Gaibor

Como xa ben sabedes o campamento deste ano , tiña como temática principal a alimentación saudable. Durante estes dous meses cociñamos, probamos e aprendimos sobre alimentos saudables, sobre aforro, comercio local, reciclaxe…. Cada quincena levamos a cabo a nosa edición de WITICHEF, no que melloramos a nosa destreza cos coitelos, fornos, batedoras…
Así que, considerábamos que estábamos preparados para adentrarnos nunha cociña real, e O GAIBOR, estaba disposto a recibir aos nosos e as nosas chefs.

A nosa aventura comezou ás dez da mañá, cando Pili e o seu equipo nos agardaban nas portas do Gaibor, un dos locais guitiricenses máis antigos. Abríronoos as portas da súa cociña, e Pili explicounos con gran entusiamo unhas cantas cousas  que podemos aplicar nos nosos fogares. Comezaron falando da importancia de mercar no comercio local, no comercio de proximidade, xa que deste xeito, darémoslle vida ao noso pobo e ademais contribuímos ao medio ambiente.
Nesa liña tamén falamos de evitar comprar productos con moito plástico e da reciclaxe logo do seu uso. Como Pili afirmou… “o máis importante non é reciclar (que por suposto tamén o é), senón que o reto primordial é intentar xerar poucos residuos… Tamén nos falaron da importancia da cociña de aproveitamento, e dos incríbles pratos que se poden cociñar facendo un uso responsable dos alimentos (por exemplo, que na casa temos plátanos moi maduros que consideramos que non están moi ricos para comelos así… pois pódense aproveitar para facer galletas, batidos, darlle outros usos nos que este tipo de produtos van conseguir darlle moito máis sabor aos nosos pratos…. )    

Ademais fixeron fincapé nun dos aspectos básicos que o monitorado queremos transmitir en todo momento, e que sería a nosa máxima ilusión, que se extrapolase a todos os ámbitos da vida das nosas nenas e nenas… A IMPORTANCIA DO TRABALLO EN EQUIPO. Pili e o seu equipo afirmaron que para que unha cociña funcione,
o equipo necesita traballar unido; cada un aportará os
seus coñecementos, destrezas, habilidades… isto, é aplicable a vida mesma.

Unha vez que escoitamos estes grandes consellos, propuxéronnos dividirnos en grupos, e os cociñeiros e cociñeiras do Gaibor compartiron con nós os seus coñecementos e saber facer. Así que agora sí, comezaba o momento de poñerse… coas mans na masa!!!

Pili e o seu grupo fixeron uns batidos de froitos vermellos e de plátano, decir que un dos nosos participantes apañou e levou moras para aportar sabor e “proximidade” ao batido de froitos vermellos.

O equipo de David demostrou como se fan unhas deliciosas croquetas e contou cuns axudantes e unhas axudantes que tiñan unhas grandes dotes para facer croquetas e croquetas, e croquetas…; Sergio e os seus nenos e nenas realizaron unhas galletas de chocolate branco e negro, con améndoas que o seu equipo amasou tan ben que resultaron… mmmm… deliciosas!! 

Logo de ter todo preparado, sentámonos e degustamos os nosos pratos. Un bó ou unha boa cociñeira debe probar sempre !! E despois de tanto traballo , que mellor recompensa que unhas torradas con tomate ou mel,
croquetas , galletas e de beber un saboroso batido!!! Unha merenda de media mañá, deliciosa, sana, e respetando todos os valores transmitidos ao longo dos dous meses (facendo cociña de aproveitamento, con producto local, natural, evitando envoltorios plásticos…)

Queremos  dar infinitas grazas ao Gaibor por  volver a invitarnos a súa casa, compartir esta mañá con nós e ensinarnos que para algo funcione hai que poñer esforzo, dedicación e traballo en equipo,  e de eso, este establecemento sabe moito.

Un grazas moi especial a David e a Sergio, por todo o cariño recibido e a paciencia demostrada, sodes moi grandes!!… Por suposto a Ofelia, que nos serviu e atendeu en todo momento cun gran sorriso e se preocupou polo noso benestar. E como non, un grazas infinito a Pili. Como sempre, está aberta a todas as iniciativas que se lle propoñan, comunica como ninguén todo o que queremos transmitir aos nosos nenos e nenas; ten unha paciencia ilimitada e trátanos con tanto sentido do humor e tanto cariño, que non podemos ter máis que mostras de agradecemento. Grazas, grazas e máis grazas por “deixarte liar”.

Para nós e moi importante conectar aos nenos e nenas có pobo, que coñezan que se fai, o traballo que realizan, o esforzo que hai detrás… tamén queremos mostrarlles como os establecementos se preocupan polo comercio local , pola reciclaxe, polo coidado do medio ambiente… Pequenos feitos que entre todos e todas axudarán a ir
debuxando un mundo máis bonito! Pode ser que creamos nunha utopía, pero queremos cambiar o mundo, e coidamos en que os nosos nenos e nenas non deixen de loitar por este soño: un mundo no que en definitiva, sexa máis xusto e respectuoso con todas e todos nós e co que nos rodea.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>