Convertémonos en gardiás e gardiáns da auga

Este mércores, coincidindo coa celebración da semana Mundial da Auga, coñecimos a Pinga Guitiringa, deusa dos mares, lagos e ríos, quen nos propuxo unha proba para poder chegar a ser gardiáns e gardiás da auga do noso concello.

Para elo tivemos que superar diferentes actividades mentras percorríamos un breve tramo da ruta da auga. Durante todo o traxecto, Pinga fíxonos algunhas preguntas para ter claro que eramos o grupo axeitado para coidar do noso entorno. Ademais disto, tivemos 3 probas máis.

Na primeira, tivemos que adiviñar qué disfraces utiliza a auga no noso planeta e onde os podemos atopar, tanto na natureza coma na nosa casa.

A segunda consistiu nunha pequena representación de accións nas que utilizamos auga na casa: lavar os dentes, beber, facer a comida, regar as plantas… 
Tivemos un ratiño para merendar, pero ao pouco tempo Pinga xa nos estaba explicando a terceira proba. Por grupos, mirando, ulindo e probando, tivemos que adiviñar que levaba a auga que había nunhas botellas (azucre, sal, terra e outra sen nada). Poucos foron os que se atreveron a probar polo medo a que soupera mal, pero pouco a pouco adiviñamos o que tiñan. Reflexionamos así sobre a importancia de coñecer a potabilidade da auga.

Só nos quedaba unha proba… Para ser gardiáns temos que ter claro as formas nas que podemos reducir o consumo de auga nas nosas casas, por iso, pensamos como aforrar auga e pintamos unhas pingas con frases e recomendacións que podemos ter en conta para seguir.

Despois de superar todas as probas, chegamos ao Centro de Interpretación da Auga, onde puidemos disfrutar da espectacular escultura realizada por un dos grandes canteiros do noso Concello, Xabier Quijada. A súa obra chámase Fonte das Pingas.

E como ben sabedes a pinga, forma parte da simboloxía do noso Concello. A auga, ademais de coñecerse como un superalimento, en Guitiriz ten máis sentido se cabe, polos nosos balnearios, pola fermosa ruta adicada a este elemento da natureza…

Por eso é tan importante ser gardiáns e gardiás da auga! Temos moito que facer e que coidar no noso entorno e, seguro que os nenos e nenas da miñoca serán capaces de facelo.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>