Despedida familiar, desfrutando dos sentidos

Este venres foi o último día do Concilia Vacacións polo que vivimos una xornada moi especial.

Ás 10 da mañá dirixímonos a un entorno natural único “A área Recreativa de San Xoán”, ou o Pantano como a maioría dos e das guitiricenses o coñecemos.

Ao chegar, estaba preparada para nós a dinámica do “Paseo dos Sentidos”. Así, fixemos unha pequena ruta onde a determinada distancia atopábamos un pequeno cartel relacionado cuns dos cinco sentidos. Este cartel, indicábamos que debíamos parar e facer unha proba relacionada co debuxo que acabábamos de ver. As probas foron moi inxeniosas, despertamos o noso sentido do olfacto, o tacto, o gusto, o oído e a vista.

Esta actividade foi todo un éxito, os nenos e as nenas estiveron moi atentos e atentas; coa proba do oído a concentración chegou ao máximo nivel, coa do gusto houbo risas, risas e máis risas; coa do tacto probáronse a sí mesmos, coa da vista traballaron moi ben en equipo e ao do olfacto foi moi agradecida e interesou de igual modo ao grupo máis pequeno que ao grande.

Despois desta sesión tan especial, puideron desfrutar do tan ansíado, xogo libre. Consideramos que ultimamente o tempo de xogo libre está infravolarado e o monitorado está firmemente convencido que é unha das necesidades básicas, ao igual que comer e beber (“un neno e unha nena por non xogar non vai morrer, pero sí veremos o seu desenvolvemento mermado”, tal e como dí Nitdia) Ademais numerosos estudios afirman que o mellor espazo para realizarse é no entorno natural, xa que é onde se reducen os niveis de estrés e os niveis de estimulación axústanse a cada persoa.

Despois do xogo libre (facendo cabañas, cantando, buscando rás, imitando animais, e mil e un xogos máis que cada un sacou do seu maxín…) e de facer unha comida conxunta; comezou o momento de recibir ás nosas familias. Os nenos e nenas máis maiores exerceron de monitores e monitoras e explicaron ós diferentes grupos os xogos populares realizados na primeira quincena do Concilia Vacacións e disfrutados ao longo das diferentes quendas.

Por último cantamos e bailamos a ritmo da gaita do noso monitor Gabriel.

Para nós, a asistencia das familias, vivímolo como un dos momentos máis importantes, sempre que pensamos en qué actividades organizamos para disfrutar este momento, queremos que sexan actividades que facemos diariamente cos nosos nenos e nenas, para que vivencien unha xornada normal que viven os seus fillos e fillas. Agradecemos de corazón a implicación demostrada e a participación. Para nós unirnos significa moito, e sabemos que os nenos e as nenas viven este tipo de acontecementos de forma moi especial.

Por último queremos agradecer a cada veciño e veciña implicados con nós (dende o que nos regalou a froita das súas árbores, ata o que nos invitou a súa casa para ensinarnos os seus peixes, a aqueles que nos viñeron visitar e dar a coñecer parte das súas paixóns, a aqueles que nos invitaron aos seus negocios para ensinarnos parte dos seus coñecementos… ) A TODAS e TODOS de verdade, MILES DE GRAZAS, por como nos tratástedes e por deixar que o pobo de Guitiriz se críe na filosofía das Cidades Educadoras. Para nós é moi importante que os nenos e nenas non se desvinculen do seu pobo e que os veciños e as veciñas os coñezan e se relacionen con eles.

E finalmente, como sempre, grazas a vós, NENAS E NENOS, vos sodes únicos e sodes os que realmente lle dades sentido a nosa programación, “reprogramándoa”.

Dende o equipo de Agora Aberta, só queda desexarvos que desfrutades o que queda de verán, e recordade todo sobre o que traballamos… respetar e coidarnos a nós mesmos, aos demais e ao que nos rodea. Esperamos que un pedaciño de nós quede en vós.

Pequenos cambios, producirán grandes cambios. O planeta necesítavos. E nós confiamos en vós. Querémosvos!!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>