Remate de quenda…

Xa pasaron os primeiros quince días deste Concilia Vacacións!! Comezamos con timidez, con algunha nova norma, expectantes… pero rapidamente collimos confianza, adaptámonos mellor cos camaleóns ás novas situacións e seguimos igual de expectantes, e coa ilusión que caracteriza sempre a infancia.

Fixemos moitas actividades diferentes, relacionadas principalmente coa educación emocional, a natureza e a música, pero onde tiveron cabida xogos de todo tipo, cancións, propostas dos nenos e das nenas (temos que contarvos que hai un neno que case todas as tardes inventa un xogo para compartir con nós, o cal nos encanta!!)

Hoxe no entorno dos Sete Muíños despedímonos dalgúns dos nenos e das nenas da mellor das formas, entre bosque, xogos, sol, cancións e moita auga!!

Queremos agradecer ás familias o apoio recibido, e sobre todo ás nenas e ós nenos os momentos tan divertidos que pasamos. Foi unha quincena moi, moi especial! Moitas grazas, pasádeo moi ben e a xogar, xogar, e xogar!!

A quen quedamos espérannos novas compañías e novas sorpresas o vindeiro martes.

Por último, debido a que no Concilia Vacacións sempre houbo unha relación moi especial cas persoas que organizan o Festival de Pardiñas (aínda que este ano non realizamos colaboracións sempre que o propuxemos amosaron o máximo interese, propoñéndonos actividades moi interesantes e facendo disfrutar as crianzas con todas as súas propostas; queremos lembrarnos que a partir de esta fin de semana se celebrará unha nova edición nun novo formato, onde facendo xustiza ao seu nome se poderá disfrutar das diferentes artes.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>