Obxectivo: Reducir plásticos

O Concilia Vacacións abriu ás portas para recibir a compañeiros e compañeiras que compartirán con nós unha nova quenda. Foi día de presentacións, de reencontros, de establecemento de normas de convivencia, de ir coñecéndonos (uns abertamente, outros pouco a pouco, cada persoa ao seu ritmo)…

Hoxe queremos compartir con vós un dos aspectos nos que incidimos moito durante todo o programa e no que o día de presentación se converte nun básico. Como ben sabedes o Concello de Guitiriz adheriuse ao programa «Intercambios Galicia-Portugal: os municipios a prol dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS)», organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Durante o campamento realizamos diferentes dinámicas centradas nalgúns destes obxectivos; pero a maioría deles traballámolos de forma transversal no noso día a día.

Así, a merenda de media mañá, convértese nun momento importante, no que traballamos a separación do lixo nos caldeiros que eles mesmos pintaron ao inicio do campamento. Ademais sempre propoñemos un reto, que cada día o caldeiro amarelo (o de plásticos) se encha cada vez menos e como consecuencia se vaia enchendo cada vez máis o de orgánico. É un reto difícil, pero que entre todas poderemos conseguir. Cal pode ser unha boa alternativa para acadar o reto proposto? Estámonos decatando a través da observación de que a froita pode lograr alcanzar este obxectivo; ao igual que utilizar envases reutilizables para a nosa bebida.

Se alguén está interesado en coñecer algo máis sobre os ODS deixámosvos este enlace: https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/development-agenda/

“Se as persoas puideran ver que o cambio prodúcese como resultado de pequenas accións que parecen totalmente insignificantes, entón non dubidarían en realizar eses pequenos actos” (Howard Zinn)

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>