Coas miñas mans

Este ano, no Concilia Vacacións estreamos unha pequena actividade semanal onde, valéndonos dos contos musicais da colección “Do berce á lúa”, da editorial Kalandraka, estamos a aprender conceptos básicos en Lingua de Signos Española (LSE). Ao seren contos con elementos moi sinxelos é moi doado interiorizar os nomes de todo aquilo que conforma o noso día cotiá (animais, obxectos, días da semana, cores…).

Con esta pequena dinámica traballamos sobre conceptos tan complexos como a diversidade, a tolerancia, o respecto e a empatía; os cales son fundamentais para que exista un grupo ou unha sociedade cohesionada.

Se vos interesa coñecer máis desta dinámica, temos unha chea destes contos en LSE na canle de Youtube do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios adaptados pola intérprete Tareixa Martínez:

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>