Virus vs Xabón

Se as pautas de hixiene son unha constante nos programas da infancia, este ano a causa da COVID 19 aínda tomou máis relevancia, debido aos protocolos establecidos. Unha das mellores formas para explicar ás crianzas a gran importancia de lavar as mans foi a través dun experimento moi simple.

Por se queredes volver a repetilo en familia, contámosvos o que fixemos. Simplemente deberedes seguir estos sinxelos pasos:

  • Collemos un plato e echemos o fondo con auga.
  • Collemos un bote de pementa negra (que exercerá de “coronavirus”) e espolvorearémolo sobre a auga ata cubrir a superficie.
  • Meteremos a xema do dedo na auga e o sacalo descubrimos que está chego de pementa (de virus)
  • Botamos un pouco de xabón na xema do dedo (bastará con que se impregne lixeiramente)
  • Poñemos de novo o dedo no centro do plato e… voilà!! Vemos como a pementa (virus) parece fuxir do xabón. Concentrarase nos bordes do plato, formando un aro negro.
La pimienta que huye: sorprende a más de uno con este experimento casero

A explicación real deste fenómeno débese á tensión superficial da auga: as súas moléculas están unidas entre sí e estos lazos son especialmente fortes na capa superficial. A pementa moída repousa sobre ela, pero se se toca co xabón (que é un elemento tensioactivo), esa atracción entre as moléculas da auga rómpese. Como consecuencia, a pementa non ten onde sosterse e parte cae ao fondo e parte móvese cara os bordes do prato.

A explicación é un pouco máis complicada… pero é tan visual, que enlazada aos virus e ao lavado de mans… creo que quedou gravado nas nosas pupilas!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>