Todos menos un

Como xa sabedes, a animación á lectura é unha das actividades que sempre temos presentes no Concilia Vacacións. Os motivos son varios xa que producen multitude de beneficios, entre os cales destacamos que é un vehículo da creatividade; axuda a desenvolver a linguaxe, a imaxinación, o espíritu crítico e a asimilar valores e actitudes a través das personaxes; favorecen o desenvolvemento social das nenas e dos nenos, e un longo etcétera.

Un contacontos pódese facer en diferentes lugares, e este venres tivemos a sorte de que o entorno natural dos Sete Muíños nos acollese para contar a historia dun chícharo que era diferente aos demais.

Utilizando a historia de “Todos menos un” de Eric Battut, fixemos unha pequena representación para invitar a reflexionar sobre a importancia do respecto e a diversidade. Pero a historia vai máis alá, e non só contempla o complicado que resulta deixar de parecerse ao grupo, senón que tamén nos anima a crer en nós mesmas.

Temos claro que a variedade enriquécenos como sociedade; asi que vos animamos a todas a facer como o protagonista deste conto ilustrado, e sementar… diversidade!

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>