As Cardio Normas

Comezamos nova quenda, na que nos reencontramos con compañeiras e coñecimos a algunha nena nova. E coma sempre os primeiros días repasamos as normas de convivencia que intentarán facernos pasar uns días máis agradables para todas.

No Concilia Vacacións as normas escribímolas entre todas, pero sempre o facemos dun xeito moi orixinal. Desta volta, debimos superar un circuíto de psicomotricidade que fixo que quentáramos o corpo a pesares deste día de verán tan chuvioso. Así, durante o circuíto saltamos, gateamos, puxemos a proba o noso equilibrio, adentrámonos nunha tea de araña, etc. O circuíto remataba nunha cortina de corazóns e cada participante debía facerse con un.

Unha vez que todo o grupo superou o circuíto, pintamos o noso corazón e escribimos dentro unha norma que cada un propoñía e que entre todos consensuábamos. Pensar normas, non foi nada doado porque tiñamos unha misión… a palabra NON non podía aparecer escrita… E démonos conta de que esto resultounos moi complicado. Pero aínda que esto nos fixo suar, quizais a parte máis difícil sexa poñelas en práctica. Conseguiremos este obxectivo esta quenda?? Seguro que todas poñemos da nosa parte!!

 

Comments are closed.