Inventando ritmos

Aínda que a música sempre está presente nas nosas actividades; esta quincena ten máis presenza se cabe. A nosa mascota Cardio que é unha experta en saber levar sempre o ritmo, está empeñada en que experimentemos a través de diferentes medios e de distintas dinámicas con este movemento repetitivo.

A proposta que nos fixo hoxe, podemos realizala calquera día en calquer momento e en calquera lugar… Simplemente utilizamos botellas de plástico, tocadas de diferentes formas, facendo pequenos grupos e que cada un deles tocase un ritmo diferente e logo xuntándoos todos, creamos unha pequena canción. Ademais como lle damos moito ao maxín inventamos palabras que fomos sumando aos ritmos…

Como puidemos comprobar hoxe, a música non só se fai con instrumentos, podemos utilizar obxectos cotidiás, facer instrumentos con material de refugallo, etc. O que sí precisamos é práctica, concentración e por suposto, para facer unha canción precísase de creatividade; pero como sempre decimos e nunca nos cansamos de repetir… desto último sóbralle á xente miúda.

 

Comments are closed.