Deseñando moda

Os nenos e nenas do Concilia Vacacións adquiren cada día un rol diferente. Hoxe convertímonos en profesionais da moda e puideron deseñar, pintar, cortar, etc. a súa propia vestimenta. Coma sempre, promovemos actividades nas que reutilicemos material, polo que esta dinámica realizouse a partir de camisetas vellas, as que lle imos dar unha segunda vida moi especial neste campamento.

A verdade é que foi unha actividade que se tomaron moi en serio, pensaron que deseño querían, pintaron, imaxinaron, frustráronse porque a algunha non lle saíu como esperaba, outros ilusionáronse e moitas estaban orgullosas. Coma sempre, de todo se aprende, e calquera actividade é válida para aprender sobre as diferentes emocións…

As crianzas lucirán os seus propios deseños o día no que se celebre a “Competición de Air Guitar”. Tomamos coma modelo unha das competicións máis curiosas do mundo, que se celebra cada ano en Oulu (Finlandia), na que persoas compiten facendo que tocan unha guitarra imaxinaria. Son espectaculares as coreografías que fan algunhas das participantes, pero seguro que os nenos e nenas do Concilia serán dignos rivales dos propios profesionais desta competición. Pero isto comprobarémolo nos vindeiros días…

 

Comments are closed.