Saltando baixo a chuvia

Parece que o tempo de verán non nos acompaña neste mes de agosto e mañá teremos que anular de novo a actividade de piscina que tanto lles gusta á cativada do Concilia Vacacións.

Pero como sempre, as cousas pódense ver dende distintas ópticas; asi que compartimos este post, no que vos describimos unha das actividades que fixemos durante a semana e que se ven practicando dende tempo inmemoriables e sempre resulta moi atractiva para a infancia: “saltar charcos”.

A choiva é moi necesaria para a agricultura, forma parte do ciclo da auga polo que é vital para a vida de calquera tipo, contribúe a apagar incencios, etc. Pero a pesar disto, no verán sempre “molesta” un pouco. Pero hai que cambiar a percepción porque pódese buscar tamén o tempo de disfrute.

E se chove (e en Galicia de chuvias sabemos bastante) haberá que poñer en práctica o que o proverbio noruego di: “non hai mal tempo senón roupa inadecuada”. Así que seguindo o dito, esta semana calzámonos as botas de auga, o chuvasqueiro e saímos a xogar, saltando charcos, facendo carreiras de barcos nos charcos, tirando pedras, reflexionando sobre por que unha pedra flota e unha folla non… Cada neno e cada nena experimentou de forma diferente a saída, porque cada un ten os seus intereses. O que vos podemos asegurar que disfrutaron todas e todos e mentres saltaron, correron e investigaron tiñan un sorriso de orella a orella!!

 

Comments are closed.