Enredad@s

O uso das novas tecnoloxías da información e comunicación (TIC) desde a popularización da internet e a cultura dixital sofre un incremento imparable que vén de mudar a nosa sociedade. O acceso á comuniación, creación e ocio cada día está máis presente na nosa vida. Tendo en conta esta realidade, no Concilia Vacacións, estreamos unha nova sección que se prolongou durante as tres quendas e que englobamos no título de Enredad@s.

As dinámicas propostas neste apartado, teñen diferentes obxectivos; como por exemplo: mellorar a autoestima, coñecer e respectar a diversidade, tomar conciencia positiva da nosa identidade, coñecer e empregar as novas tecnoloxías de forma segura…

Por elo, ao longo destes meses fumos creando a nosa “rede social Cardiogram” no que subimos o noso perfil e reflexionamos sobre que datos escribir nas nosas redes ao igual que fotografías poderíamos colgar. Que historias nos interesarían compartir, etc.

Ademais, ao igual que a linguaxe dos ordenadores, creamos tamén unha linguaxe propia “Código segredo” no que poder deixarnos mensaxes segredas.

Tamén estivemos realizando visitas á aula CEmit coa que a nosa compañeira Ana nos foi propoñendo diferentes retos nos que mentres nos formaba nas novas tecnoloxías traballábamos outras temáticas coma a educación emocional.

Actividades moi sinxelas, adaptadas ás idades dos nenos e nenas pero que pouco a pouco vanos formando non só tecnoloxicamente senón tamén emocionalmente para enfrentarnos a esta nova realidade.

 

Comments are closed.