Na procura do tesouro…

Para activar mente e corpo, unha das propostas de hoxe foi a realización dun xogo de pistas nas instalacións do Concilia Vacacións.

A través de diferentes adiviñas as participantes do Concilia desprazábanse dun lugar a outro onde tiñas que buscar novas pistas que os levaran a novos lugares. Tiveron que superar diferentes probas nas que puxeron a punto as súas capacidades físicas e intelectuais e nas que deron boa conta de pertencer a este campamento, porque moitas das preguntas estaban relacionadas con experiencias vividas durante estes días.

Na proba final tiveron que utilizar o código segredo creado por eles mesmos para descifrar o lugar onde se atopaba agochado o tesouro… Un dos nosos amigos de madeira tiña gardado para nós unhas pequenas maracas elaboradas con material de refugallo, coas que xogar a facer diferentes ritmos. Coa entrega deste tesouro poñemos énfase unha vez máis en que con materiais que atopamos, sen aumentar o noso consumo, podemos elaborar os nosos propios xoguetes; non só coidando do medio ambiente, senón que coidamos de nós mesmas, axudando a dar liberdade á nosa imaxinación.

As crianzas gozaron coa actividade: riron, correron, bailaron, cantaron, etc.; pero sobre todo, demostraron que son un bo equipo e que a súa unión da froitos dos ricos.

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>