O CARDIO Festival

Rematamos un novo Concilia Vacacións… Aínda que o último día sempre se realiza algo especial coas familias; este ano debido “á nova normalidade” fixemos unha despedida en petit comité coas crianzas da última quenda.

Foi unha despedida moi divertida, na que todas viñemos disfrazadas daquelo que nos apeteceu e na que preparamos un pequeno festival, que como non podía ser doutra forma, tiña que chamarse como a nosa compañeira de viaxe: “Cardio”.

No festival preparamos actuacións nas que todas participamos: houbo dúas obras de teatro, cancións, bailes, chistes… Aínda que había un guión establecido coas diferentes actuacións; tivemos que ampliar a duración do festival porque de súpeto, apareceron máis e máis actuacións que xurdiron de forma improvisada. Sempre é un gustazo ver como os nenos e nenas gozan co que fan, e dan renda solta a imaxinación; polo que non nos puidemos negar a esta explosión de creatividade.

Para rematar, fumos a un estreno moi especial… o noso vídeo musical!!! Foi incríble ver a cariña das miúdas, véndose, cantando, ilusionándose!!! Este é o agasallo que vos deixamos… momentos e momentos compartidos, reivindicando, e disfrutando!! Estamos encantadas!! E rematamos con máis música e máis baile, e fixemos bailar (non foi moi complicado conseguilo) a Ana, a nosa compañeira do Cemit.

E chegou o momento da despedida co grupo… e agora chega a despedida por aquí.

As monitoras Idoia e María, no mural que está realizando Diego As de “Otro Prisma”.

De parte de todo o equipo de Ágora Aberta, e moi especialmente das monitoras, queremos agradecer a todas as persoas que nos acompañaron nas visitas pola súa dedicación e cariño ofrecido; asi que GRAZAS a Verónica e ao seu Parga Festival Rock; a Juan Luis Tomé coas súas fotografías; e a Vanesa de Materfem… A seguir perseguindo soños!!!

Agradecemos tamén a todo o persoal (visible ou invisible) que directa ou indirectamente melloraron a nosa estadía, nomeamos algún: socorristas da piscina, persoal de limpeza, ao CEIP Lagostelle, ao Concello de Guitiriz (especialmente a Rocío), as personas encargadas das diferentes áreas Recreativas as que visitamos…

Un agradecemento moi especial a Ana (CEmit) porque non só estivo pendente de nós durante a súa actividade, senón que foi máis alá das súas funcións para coidarnos, e para animar e facer a pallasa co grupo. 😉😉

E por suposto coma sempre, dámosvos as GRAZAS ás familias, pola confianza (especialmente este ano) e como non… a todas e todos os nenos que se animaron a pasar con nós parte do seu verán. Vos sodes quen facedes cada campamento diferente e especial. Disfrutade, ride moito, chorade, cantade, bailade, xogade… SENTIDE!!!

Aínda que ao inicio estábamos máis nerviosas que o habitual polas circustancias, demostrástedesnos que sodes camaleóns e que tedes grandes capacidades de adaptación. Fixéstedesnos disfrutar moito e aprendimos moitísimo de vos. Esperamos vernos pronto… e ansíamos que nos vexamos sen máscara!!🤞 E xa sabedes…

Quero un corazón contento, un corazón contento…

 

Leave a Reply

XHTML: You can use these tags: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>